CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

5 mar 2015

E ala vai o terceiro

   
 Como podes facer que a vaca mire para o outro lado, movendo só dous palos.




Este é o segundo




      Un lóxico atopouse nunha pequena cidade que só tiña dous barbeiros, cada un deles coa súa propia barbaría. Como necesitaba un corte de pelo, mirou cara ao interior dunha das barbarías e viu de inmediato que era extremadamente sucia. O mesmo barbeiro necesitaba unha afeitada, as súas roupas estaban sucias, o seu pelo descoidado e mal cortado. A outra barbaría resultou ser impecable. O barbeiro estaba recentemente afeitado, impecablemente vestido e tiña o pelo perfectamente cortado. O lóxico pensou un momento e logo regresou á primeira barbaría para facerse cortar o pelo.
¿Por que?

Velaquí tedes o primeiro enigma

Cantos cadrados distintos podes contar no debuxo do mozo hindú con turbante?

Cantos triángulos distintos podes contar no debuxo do gato?


Fixate ben.¡ Os problemas non son tan fáciles como podería parecer.!

21 DE MARZO "DIA DA POESÍA"

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala.
POSIBLES IDEAS:
. Elaboración de RAPS de poesías coñecidas ou inventadas . A base está colgada no blogue da biblioteca. Estos raps graváranse nunha fecha aínda non concretada.
Os participantes teñen que anotarse na biblio no recreo o martes ou  o xoves.
. Realización de CALIGRAMAS
Pensamos nun obxecto, persoa,.. sobre o que queiramos redactar o poema. Inventamos o poema seguindo a temática a tratar. Debuxamos con lapis o obxecto, persoa, ... ao que se refire o tema do poema (podemos marcar un debuxo  sacado de internet  a trasluz nunha ventá). Escribimos o poema seguindo o contorno do debuxo, ou enchendo o perfil, de xeito que os versos non sobrepasen os bordes fixados polo debuxo. Cando rematemos, borramos as liñas de lápiz. Poden ser caligramas de poemas xa escritos por escritores ou escritoras.
Os participantes deben entregar os traballos antes do 21, na biblioteca co nome e curso.


No pasillo tedes toda a bibliografía dispoñible na biblioteca.

ILUSTRANDO POEMAS


       Os colaboradores da Biblio ilustrarón unhas poesías que levarán todos os trasniños e trasniñas do cole, para o Día da Poesía. Tamén a saída,  os nenos/as repartirán estas poesías entre os país e nais.

                  Preme aquí para ver e ler poemas e ilustracions.

3 mar 2015

SESIÓN DE KAMISHIBAI DO PROFE JOSÉ MANUEL AS CLASES DE 4º PRIMARIA

Kamishibai, en Xaponés, quere dicir “teatro de papel”.
É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Suele estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van a disfrutar do grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que teñen un dibuxo nunha cara e texto noutra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.
Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentras os espectadores contemplan os dibuxos.
A lectura do kamishibai  realizase colocando as láminas en orden sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama “butai”, de cara o auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentras se le o texto.




MÚSICA MULTICULTURAL



Playing for Change es un proyecto musical multimedia y también una fundación, ambos creados por iniciativa de Mark Johnson con el objetivo de reunir, grabar y filmar músicos de diferentes culturas."Conectando todo el planeta a través de la música. Como metáfora de esta unión, en sus canciones participan músicos de todo el planeta que graban su parte in situ escuchando lo que han hecho los otros a través de los audífonos".
      La Fundación Playing for Change se dedica a la construcción de escuelas de música en todo el planeta. En 2008 se creó la primera escuela de música (Ntonga Music School) en el barrio de Gugulethu, en las afueras de Ciudad del Cabo, en Sudáfrica. La Fundación ha creado 7 escuelas y programa educativos de música: