CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

29 feb 2016

HIVE: LA COLMENA.

O 25 deste mes tivo lugar o obradoiro levado a cabo polo profe Marcos. Neste obradoiro explicáronse as regras desde xogo creado por un programador informàtico no 2011 chamado JonhYianni .
Os participantes tamén fixeron as súas propias pezas e tiveron a oportunidade de xogar unha partida.

Aqui podedes ver como se xoga.

Ainda que Marcos o explicou moi ben neste Obradoiro.


ROSALÍA

Este ano a música invadiu a celebración de Rosalía, o cal está moi ben.






Os pequenos e pequenas de infantil cantaron e os maiores de sexto tocaron instrumentos. Precioso!!!! berrooooou Colitas dende o columpio da árbore.

Case se cae da emoción, e se pega un coscorrón.

28 feb 2016

O MES DE MARZO É O MES DO INGLÉS NA NOSA BIBLIOTECA.


Dende a Biblioteca queremos celebrar o centenario da morte de Shakespeare, intentando que a xente se anime a levar libros en inglés para casa. Foi  dramaturgo, escritor e para algúns un home adiantado no tempo, por exemplo na obra " El libro de Sir Tomàs Moro "   xa aboga polos refuxiados.
Podedes consultar a bibliografía  http://www.biografiasyvidas.com/monografia/shakespeare/


8 feb 2016

VIVA O ENTROIDO.

A nosa Colitas, deixou a un lado a tristeza pola falta de Chispin e disfrutou do entroido coma unha máis no hombro da profe Mª Luz, ataviada para tal ocasión.

Todos os trasniños e trasniñas foron disfrazados de bichiños ou de persoas dedicadas á investigación deses bichiños.
Preme o enlace e disfruta da bichería.