CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

30 nov 2014

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO




GRAZAS os nenos e nenas de 5º polo bo traballo en contra da violencia de xénero, este é o resultado de moitas horas de dedicación e de busqueda de información sobre o tema.

O LER NON OCUPA LUGAR

Que pasada de fotos!!!

A principio de curso pedinvos selfies, e fuchedes moitos e moitas os que decorachedes a biblio cos vosos libros e sitios preferidos.
En medio de vos intentaron camuflarse algúns mestres e os do equipo da biblio... pero Colitas deu con eles.jeje

En breve poñereinos aquí para botarnos unhas risas...

4 nov 2014

Concurso de Relatos


Este ano todo o cole anda a viaxar. Pero tod@s tod@s, dende o primeiro ao último.
Ata o noso esqueleto marchou, e sabedes a onde?
Pois, se tedes valor, poñédevos a ler e o saberedes...
















.

2 nov 2014

Lume de cabaza!

No Samaín organizáronse varios concursos no cole. 
Un foi o de cabazas decoradas.
MIRADE QUE PASADA!


Samain 2014 - Kizoa Movie Maker

Concurso de debuxo

Miña nai querida!
O que temos neste cole, uns artistas como o copa dun pino.
Cando a mestra pídelles facer unha paisaxe fanche unhas casiñas requetelindas cuns campos cheos de frores. Preciosos
Pero... cando poden debuxar o que lles peta... e ademáis é Samaín...fan unhas cousas que meten medo!
A coitada Colitas estivo unha semana sen durmir do susto que levou.
Avisad@ quedas!
Atreveste a velos?


 FELICIDADES A LEYRE,

ESA PINTORA ATERRADORA















PARABÉNS PARA JAVI de 2º A

ESE ILUSTRADOR QUE PINTA CON TERROR

FINALISTAS CONCURSO DEBUXOS DE TERROR