CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

9 may 2013

17 DE MAIO "DIA DAS LETRAS GALEGAS"

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

5 may 2013

VISITA DUN ILUSTRADOR


Trasnos e trasniñas, espero que vos gustase a clase maxistral deste estupendo ilustrador, Abraham Carreiro.
Agora tocavós facer as vosas historietas na casa e mostrar os vosos amigos e amigas, o resultado.