CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

27 abr 2016

DÍA DO LIBRO "Acampada lectora"


      O equipo de biblio, intentou como cada ano, sorprender os cativos e cativas lectores, montando un ambiente de natureza . Non lle faltaba detalle, as tendas de campaña, a fogueira onde se contan historias de medo, as estrelas brilando pola noite, e o canto do moucho e dos grilos. Nas mochilas e nas cestas de picnic moitos libros prestados polos alumnos e alumnas cunha temática común: Os Animais.
Pero tamén hai un ambiente de sobriedade, como non podia ser doutra forma, o ter o noso rincón de Cervantes, homenaxeando a súa obra Don Quixote. Varias versións desta obra, conseguidas en gran medida pola colaboración das familias.
En resume dous ambientes cun obxectivo común o vello e o novo, a cidade e o campo, non teñen que estar rifados no acto de ler. Eso sí  tiverón que ser necesarias as linternas, no canto dos antigos fachos, non era posible tanto realismo, por razóns obvias.

22 abr 2016

CENTENARIO DE CERVANTES

"UN MESTRE É  UN LIBRO QUE FALA, E UN LIBRO É UN MESTRE QUE, AÍNDA SILENCIOSO, COMUNICA O SEU PENSAMENTO" Miguel de Cervantes.

VISITA DE ERICA ESMORÍS


         O 19 de Abril  visitounos Erica, para presentar o  seu libro "Nena e o Mar".Os nenos e nenas de terceiro ciclo, encantados ca sua obra, fixerón carteles que lle explicarón a escritora. Ela devolveulles o seu bo facer, cunha presentación do mais importante para ela como escritora.








http://nazaretciclo3.blogspot.com.es/2016/04/benvida-nazaret-erica-esmoris.html


http://www.ericaesmoris.com/

18 abr 2016

SALÓN DO LIBRO 2016

Este ano estivemos de sorte porque o Salón do Libro tiña a mesma temática ca nosa biblioteca. Este feito  aportounos nova bibiografía, que incorporamos os nosos fondos, mais adecuada e axeitada.
Os nenos/as de 5 anos acompañados polo primeiro ciclo, visitarón o Salón con moito entusiasmo xa que participaban  cas suas creacións de bichería.

17 abr 2016

OBRADOIRO DE CAMISETAS.

        Os nenos e nenas do terceiro ciclo que participarón como axudantes este ano tunean as suas camisetas como recordo do seu paso pola biblio. O motivo de decoración e Colitas e centos de lemas relacionados ca lectura e o libro.
"Ler e poñer as neuronas a facer aerobic", Sealtiel Alatriste.
"A forma verbal LEO, é presente con futuro", Concha Blanco.
"Un fogar sen libros é como un corpo sen alma", Marco Tulio Cicerón.