CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

26 oct 2015

DIA DA BIBLIOTECA: "O MEU LIBRO FAVORITO"

Aquí tedes o libro favorito dos nenos e nenas que participarón. Quedarón os videos chulísimos!!!!!
Na estantería de fora podedes probar a leer estas recomendacións dos vosos compañeiros/as.


11 oct 2015

SAMAIN "MEDO ME DÁS"

Con  motivo desta festa , propoño facer entre todos e todas un libro de medo, un en infantil e outro en primaria. O libro o comezarán os maiores, e irá pasando polo resto das aulas para continualo.Xa que hai que acabalo para o Samaín, imos xustiños de tempo.O libro pasará un día por cada clase en primaria, e dous en infantil.

Estou preparando o tunel de terror deste ano preparadevos trasniñas e trasniños. 

8 oct 2015

O MEU LIBRO FAVORITO

Este ano para o  Día da Biblioteca, gustaríame saber cal é o voso libro favorito. Os que queirades participar solicitade a axuda do voso titor ou da vosa titora. O tema consistiria en facer unha grabación onde podedes darlle publicidade o voso libro favorito.
Animádevos a participar, seguro que o pasades moi ben.

5 oct 2015

"BICHIÑOS A TOPE"

Xa tedes no carrito da Biblio os libros dispoñibles neste momento do tema deste ano. Lembrádevos de deixalos de volta no mesmo sitio para que os poidan disfrutar outros compañeiros/as.