CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

22 abr 2019

SEMANA DO CINE, 1 ó 5 de Abril.


Novamente fíxose outra semana de cine,  proxectouse para infantil Pipi Calzaslargas en capítulos, para 1º, 2º e 3º a peli de Pipi Calzaslargas, e para 4º, 5º e 6º de Primaria a peli de Billy Elliot.

                                                                                                                                                                                  

DÍA DO TEATRO. 27 DE MARZO

* 
                     Para conmemorar o día do teatro, realizouse un taller de marionetas con  material de reciclaxe. 

                     
Tamén ó lado do taller de marionetas, había un guiñol, no que cada nena e cada neno podían ir montando a súa historia, unha vez rematada a marioneta. Todo xenial grazas a colaboracón das axudantas da biblioteca.

DÍA DA POESÍA. 21 DE MARZO


          Celebrámolo  compoñendo entre o alumnado e o profesorado "O rap da cociña”. 

DÍA DAS MATEMÁTICAS. 14 DE MARZO

Día  das matemáticas”. Xoves 14 de marzo. Realizouse un “Taller de Tangram” proxectábase directamente un conto, con figuras de tangram, onde os nen@s tiñan que ir construindo as figuras do conto.