CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

23 nov 2011

OS NOSOS CAZATESOUROS

 
A lista d@s cazatesouros:

Ainda non vai un mes da carta do Trasno, e xa temos varios nen@s que souperon respostar as súas preguntas.

Como se fosen piratas foron resolvendo pistas ata chegar a un pequeno tesouro, contestar tódalas cuestións.

Ainda que hai algún pequeno erro, a verdade é que os nosos cazatesouros fixérono moi ben.

Aquí están:

Aitor Acuña Couñago                          4ºA
Rubén de la Campa Iglesias                 4ºA
María Pérez Mandado                        4ºA
Carmen Souto González                      4ºA
Adrián Gómez López                          4ºB
Lidia Outeiral Curras                         5º


Animaste a tentalo?

Enrrolate nesta búsqueda!!!

22 may 2011

"OS BOSQUES DOS CONTOS"

Perdoade a demora, tivemos problemas para actualizar o blogue, esperamos que vos gusten as fotos da exposición. Lembrade que podedes visitala todos os días de 16 a 18 horas.
os papás e mamás tamén poden vir polas mañás de 9:10 a 10 e de 13:10 a 14 horas

26 feb 2011

O DÍA QUE OS ANIMAIS FALEN

OBSERVA ESTA IMAXE.

SÓ TES QUE POÑERLLE UN TÍTULO E ESCRIBIR UNHA PEQUENA HISTORIA SOBRE ELA.

NON ESQUEZAS ESCRIBIR O TEU NOME E O CURSO.

DÉIXAA NA BANDEXA AMARELA DA BIBLIOTECA

TODAS AS HISTORIAS QUE ESCRIBADES COLGARÉMOLAS NO BLOGUE E PUNTUARÁN NO TEU CASILLEIRO

24 feb 2011

A PREGUNTIÑA CURIOSA

A preguntiña curiosa desta semana:

Por que nos da o hipo?

Lembra que só por participar poderás poñer un punto máis no teu casilleiro e que o importante non é dar unha resposta correcta senón o máis orixinal posible

22 feb 2011

SEMANA DAS LENDAS HINDÚES

O TRASNO DEIXOUNOS ALGUNHAS
PREGUNTIÑAS CURIOSAS PARA QUE
BUSQUEMOS INFORMACIÓN SOBRE A INDIA,
AQUÍ AS TEDES:


1. Na Cordillera do Himalaya atópase a montaña máis alta do mundo. Poderíades dicir o seu nome e canto mide exactamente?

2. As mulleres indias visten un traxe tradicional que pode levar entre 4 e 9 metros de tea. Sabes como se chama este traxe tan curioso?

3. No parque Nacional de Sundarbans atópase unha reserva de tigres. Como se chama este tipo de tigres e por que?

4. Onde se celebra exactamente o famoso festival indio de Elefantes adornados?

Sabemos que estades a investigar. Moito ánimo!!!

21 feb 2011

SEMANA LENDAS HINDÚES



      













 A POSTAL QUE CHEGOU HOXE TRAÍA MOITAS SORPRESAS, 
FOTOS DO TRASNO  POR VARIOS LUGARES TÍPICOS DA INDIA,
MOITAS PREGUNTIÑAS CURIOSAS PARA QUE INVESTIGUEDES E
A FOTO DUN PALACIO MOI COÑECIDO NESTE PAÍS...

SABERÍAS DICIRNOS COMO SE CHAMA??...

18 feb 2011

SEMANA DAS LENDAS HINDÚES

O TRASNO "TI" ENVIOUNOS UNHA NOVA POSTAL DENDE A INDIA. ESTA VEZ QUIXO QUE COÑECERAMOS DIFERENTES LENDAS HINDÚES E ACOMPAÑOUNAS DE MOITAS ACTIVIDADES QUE PODERÁS REALIZAR NA BIBLIOTECA NAS TARDES DE ESTA SEMANA. ADEMÁS SE PINCHAS NOS ENLACES PODERÁS FACELAS DENDE O TEU ORDENADOR

Infantil-O ser máis poderoso
1º ciclo- Ernesto non pode!
2º e 3º ciclo- A cor dos paxaros

O BOSQUE



MIRADE QUE VÍDEO TAN MARABILLOSO ATOPAMOS PARA TODOS VÓS!!!

17 feb 2011

O ENTROIDO



Próximamente festexaremos no colexio a chegada do Entroido, ide preparando o voso disfraz!!!

16 feb 2011

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!. Benvidos ao blogue da biblioteca do noso cole!!. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran