CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

18 ene 2016

PAZ 2016: REFUXIADOS



Trasniñ@s, o Equipo da Biblioteca estamos un pouco preocupados porque Chispín non aparece. Esperamos ter noticias de el moi pronto.. De momento contamos ca axuda de Colitas, a ratiña tomou o mando na árbore e xa nos aportou unha idea moi boa para o día da Paz.
A Colitas chegáronlle novas de xente no mundo que o está a pasar moi mal, que perderon todo, e que vagan polos camiños sen patria, despois de deixar a súa atravesando un mar perigoso.
Quere saber que pensades de todo esto, e vos invita a manifestar o voso pensar na porta da vosa clase.



11 ene 2016

TALLER DE XANEIRO

O derradeiro xoves deste mes teredes o taller de poesía de Manuel María , anotádevos na lista o martes ou o mércores na biblio.

TEATRO DE PAIS E NAIS

Coma tódolos anos, con dedicación e non sen esforzo pais e nais do cole nos representan un conto. Este ano o protagonista, un gusaniño, nos conta as súas aventuras.
O final unha fada cambia desexos por caramelos facendo as delicias de nenos e nenas de todalas idades.

Gracias papás e mamás!!!

4 ene 2016

O NADAL

Este ano a árbore de Nadal tivo mais vidiña que ningún ano con tanto bicho.
                                                            Preme aquí O Nadal