CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

19 abr 2015

MASANOBU FUKUOKA

Foi un agricultorbiólogo e filósofo xaponés que  para mellorar a producción da Natureza coa menor intervención posible ideou un sistema que permite sustituir o arado e outros métodos:
  • Mezclando sementes dentro de boliñas de barro de 1,5 cm que logo esparcirá polo campo.
  • As bolas desfanse coa primeira chuvia intensa, e as sementes comenzarán a brotar,  protexidas dos  animais e do tempo.
  • Na mezcla de sementes veñen incluidas as sementes do cultivo que se desexa facer, xunto a outras plantas (principalmente trébol blanco) que xerminarán máis pronto e crearán unha capa fina que protexerá o chan da luz, impedindo a xerminación de herbas, pero non de cereais ou o que se desexa cultivar.
Aquí tedes as boliñas dos cativos de catro anos.



14 abr 2015

PROFESORES/ORAS EXPLORADORAS

Que ben! Que ben! que requeteben!

A dous viaxeiros incansables coma Colitas e eu, nos encanta que este ano no cole esteades a traballar as diferentes culturas.

Veredes que roupa, comida, música, danzas... máis bonitas hai polo mundo adiante. Eu mesmo estou a coñecelas coa vosa axuda.
Xa fun con moitas clases por moitos países e pronto vos ensinarei fotos do ben que o pasei.


Por certo!!!
Contáronme as faíscas, que aos profes tamén lles cachifa viaxar. Por exemplo Marcos ensinoume esta foto dunha fantástica viaxe que fixo.

Sabedes onde foi? Probade sorte.


MÁIS biblionovas próximamente...

11 abr 2015

LO QUE ESCUCHÓ LA MARIQUITA

     As profes, Eli e Montse fixerón o obradoiro dedicado a primavera. Os nenos e nenas de infantil, escoitarón moi atentos o conto, e logo fixerón manualidades que quedarón adornando a Biblio.
     O conto e da autora do "Gruffalo" e trata dunha xoaniña que fai un plan para darlle unha lección a dous ladróns.



7 abr 2015

CALIGRAMAS

Grazas pola participación, na biblioteca están moi contentos cos vosos caligramas. Son moi bonitos . Felicito os gañadores/oras dos enigmas e dos caligramas.
    Trasniños, trasniñas, estou cheo de ledicia polo interés que poñedes en participar. Seguide así!!