CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

24 mar 2019

Mochila viaxeira do CEFORE.


 Solicitouse unha mochila viaxeira para o cole, con libros relacionados co Proxecto de centro, “A Cociña”. Repartironse por ciclos os libros, dándolle a cada ciclo 3 libros adaptados ás idades.


Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro).

Exposición de libros ó longo de toda esa semana con libros de Rosalía que hai de fondo de libros.

CARTELEIRA FEBREIRO.



DÍA DA PAZ. 30 de Xaneiro.


Espúxose na biblio un mural de Malala e Gandhi, con citas propias, ademáis de espoñer os libros que teñan referencia á paz ou a coeducación. Preparouse unha canción co alumnado de 3º curso que foi interpretada por eles mesmos, xunto co seu mestre que os acompañou coa guitarra. 

AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL.

Cos adornos que fixeron os nen@s e as súas familias, así de fermosas quedaron as árbores de Nadal do cole.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL.


SEMANA D@S CONTADORES DE HISTORIAS. (17-21 DE DECEMBRO)

Un grupo de nenos e nenas de 6º curso, prepararon un conto para escenificar ó alumnado de infantil e 1º curso de primaria, o conto foi “Cocorico” de Marisa Núñez. E as nenas de 5º curso, interpretaron o conto de  A cousa que máis doe do mundo” de Paco Liván.


 Cada día interpretaban 2 contos para cada curso de infantil e 1º curso. Os actores e actrices, fixérono fantástico!


17 mar 2019

CARTELEIRA DECEMBRO 2018


DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)



     Expuxéronse todos os libros con relación a ese día. Non son libros específicos de violencia de xénero, pero sí, libros basados na coeducación e no respeto.

MAXIA (15 NOVEMBRO)


Tivemos a presenza do Mago Paco, que puideron disfrutar da súa maxia, o alumnado de 3º curso.

O MISTERIO DOS VENRES (NOVEMBRO)


É unha actividade das “Aventuras da man negra”. Basado no libro “Operación Cetro de oro” de Julian Press (8 aventuras y 60 enigmas para resolver disfrutando) en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, que se encargou de traducilo a galego.
Cada venres, na hora do recreo, proxéctase  na pantalla da ludoteca, unha páxina do libro. Ese texto, tratábase dun misterio sen resolver, xunto cun debuxo. Cada nen@ tiñan unhas pesquisas individuais para responder. Cada venres, teñen que respostar a 1 pregunta e ler un misterio novo, para resolver para o venres seguinte. 
  

O SAMAIN (31 DE OUTUBRO)


Coa axuda das familias fíxose "a pócima terrorífica”. Consistía en facer unha receita terrorífica, coñecida ou inventada. Con todas as receitas entregadas, fíxose un “Libro de receitas” para a biblioteca. Que medo máis rico!!!



Pero aínda máis terrorífico foi o túnel do terror que como todos os anos fai que trememos de medo.


Tivemos A visita dos Druídas, os cales, recitaban o “exconxuro”  facendo unha pócima terrorífica  invitaban ó alumnado á súa pócima máxica. Para que fixeran de druídas, contamos coa colaboración de 2 papás do cole que se prestaron dunha forma totalmente desinteresada. 

DÍA DA BIBLIOTECA (24 OUTUBRO)

Celebrouse a semana da biblioteca.
         
- Ó longo da semana, no horario de biblioteca que ten cada curso, realizouse unha actividade xuntos padriños/madriñas, afillados e afilladas. Unha actividade do apadriñamento lector. Consistía en facer unha manualidade de pins de Chispín, facíanos conxuntamente en parellas ou grupos e despois os padriños e madriñas llos regalaban @s seus afilld@s.
 Cos libros que se  expurgaron  da biblio, fíxose un “Mercadillo de libros”
- Visitounos unha coñecida contadora de historias Marta Ortiz, para o alumnado de 4 e 5 anos de infantil.   

12 mar 2019

A NOSA BIBLIOTECA MOLA!!!!

 Decoración das distintas paredes da biblio, por varios murais elexidos polo equipo e feitos, unha vez máis, polo alumnado axudante e axudantas da biblio.

Esta é a porta de entrada da biblioteca,  que ten relación co proxecto anual de centro,  A cociña. Ratatouille   quedou así de expléndido!