CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

19 jun 2013

FELIZ ANIVERSARIO A TODOS!!!!!


50 ANOS - foto montaje
Este curso foi moi intenso polo aniversario do noso cole.Agora que vivo nesta biblioteca, xa formo parte desta gran familia, gracias a todolos trasniños e trasniñas por axudar a facer desde cole o meu lugar favorito para vivir. Xuntos viviremos moitas aventuras lectoras no proximo curso. Abur e felices vacacións, non olvidedes levar un libro nas vosas viaxes. 

9 may 2013

17 DE MAIO "DIA DAS LETRAS GALEGAS"

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

5 may 2013

VISITA DUN ILUSTRADOR


Trasnos e trasniñas, espero que vos gustase a clase maxistral deste estupendo ilustrador, Abraham Carreiro.
Agora tocavós facer as vosas historietas na casa e mostrar os vosos amigos e amigas, o resultado.

23 abr 2013

DISFRUTA DO DIA DO LIBRO.......LEE


DIA DO LIBRO .LER NA CASA


A lectura e a chave que abre a porta ás relacións sociais, á comunicación, ao coñecemento, ao lecer e ao traballo.
A escola e a familia poden accionar esa chave para facilitar a incorporación de nenos e mozos á cultura e ao conxunto
de valores compartidos da sociedade adulta. Familia e escola deben ir da man, asumindo ambos o seu compromiso
como mediadores directos entre os libros e os nenos. Cal é o papel de cada un nesta responsabilidade compartida?
A escola asume hoxe dúas grandes metas. A primeira, alfabetizar a un nivel alto a toda a poboación infantil e xuvenil.
A segunda, compartida con outras institucións, fomentar o hábito e o gusto pola lectura. Ambos aspectos se sintetizan
no obxectivo de formar lectores e escritores competentes que sexan capaces de descodificar, comprender o significado
e interpretar o texto outorgando sentido ao que len, tanto polo que di como polo contexto do tema que trata.
A familia non pode delegar na escola o seu papel na formación lectora dos seus fillos. O que os nenos aprenden na
escola é só unha pequena parte do que se ilustran dos seus pais, parentes, amigos, do contorno no que se desenvolven,
dos medios de comunicación... Por iso, a familia conta, e moito, na creación do gusto pola
lectura, reforzando en casa o que se aprende na escola creando situacións lectoras na vida cotiá, lendo
xuntos. O mellor xeito de animar a ler é compartir os bos libros rodeados de voces amigas. Os fillos fíxanse máis
no que fan os pais que no que eles lles din.

21 abr 2013

ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Esta semana imos por en marcha unha serie de actividades para conmemorar a celebración do DÍA DO LIBRO que subiremos pouco a pouco no blogue.
En primeiro lugar agradecemos a Paula Carballeira o precioso texto co que nos obsequiou para esta data.

Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
                                                                              Paula Carballeira

24 mar 2013

KAMISHIBAI ¿QUE É?



http://kamishibai.educacion.navarra.es/que-es/
     Cun teatrillo tradicional xaponés e mediante unhas láminas ilustradas o  narrador vai contando un conto e mostrando os dibuxos según vai
sucedendo a historia
.


O  KAMiSHiBAi e unha ferramenta sencilla
con moitas posibilidades pedagóxicas,
creativas e lúdicas.

Une a sua sencillez a teatralidad incrementada
por un teatrillo que facilita a posta en situación
tanto da audiencia como do interprete.

E un recurso ideal para recuperar a tradición de contar contos.

Desperta a imaxinación e a fantasia.

Fomenta o gusto pola lectura,a escritura, a ilustración e a interpretación.

17 feb 2013

EXPOSICIÓN ONGS

ESTAS SON ALGUNHAS ORGANIZACIÓNS QUE PARTICIPARÓN NA EXPOSICIÓN LEVADA A CABO NA BIBLIOTECA, GRACIAS A SUA COLABORACIÓN ENVIANDO MATERIAL.
ACNUR
INTERVIDA
GLOBAL HUMANITARIA
AMNISTIA INTERNACIONAL
MEDICOS SIN FRONTERAS


13 ene 2013

Fomento de la lectura. Una buena y una mala

OLA, FELIZ ANO CATIVOS E CATIVAS!!!, ESPERO COS REIS VOS TROUXERAN MOITOS AGASALLOS ENTRE ELES MOITOS LIBROS. A MIN ME TROUXERON  O LIBRO "O CARBALLO CON BOTAS" DE ANXO MOURE. GUSTOUME MOITO CANDO O CONTOU NA SUA VISITA O COLEXIO. ATA MAIS VER.