CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

7 abr 2018

CARTELEIRA MAIO E XUÑO






CAMPIONATO DE XOGOS DE MESA ( CINQUILLO E ESCOBA)



Dende a biblioteca imos organizar un campionato de cartas para o alumnado de primaria. Será nos recreos, por parellas, de carácter voluntario e terá dúas categorías:
1º e 2º de Primaria. Cinquillo:
A participante se lle darán 10 fichas. Xogaranse 2 ou 3 partidas (segundo dea tempo). Ao rematar gañará a parella que teña máis fichas.
Segundo o número de inscritos tentaremos que cada parella xogue contra alomenos dúas parellas.

De 3º a 6º de Primaria. Escoba:
Cada parella enfrontarase a outra en 2 ou 3 partidas (segundo dea tempo). Ao rematar gañará a parella que máis puntos teña.

Para participar poderán anotarse na biblio nos recreos dende o 1 ao 16 de febreiro.
Se algún neno quere participar e non atopa parella, buscarémoslle (e encontrarémoslle) unha.


Cada compoñente das parellas gañadoras  gañarán un libro elixido por eles/as.

Para darlle á biblio un ambiente de cine, os días que lles toque xogar, os participantes pode traer un sombreiro ou complemento para a cabeza: gorro de gánster, de vaqueiro, de mago, pañoleta de pitonisa...

O campionato comezará á volta de Semana Santa, para darlle tempo a aprender o xogo aos nen@s que non o coñecen.
Practicade na casa cos vosos fill@s/ netos/ sobriños e... A PASALO BEN!!!


CARTELEIRA MARZO E ABRIL.


TEMOS UNHA BIBLIOTECA DE CINE.

Coa colaboración dos axudantes e axudantas da biblio que traballaron moito, temos a todas as personaxes das pelis de cine coidando da nosa biblioteca...Podedes ver a Harry Potter, a Princesa Leia...

DÍA DA PAZ.



Coa canción e banda sonora “ Hay un amigo en mi” da película de animación de TOY STORY cantadas por todo o alumnado do cole e fotogramas con fotos dos nenos e nenas con xestos de amizade, amor e paz, celebramos o día da PAZ.  Estas fotos pasaron despois a expoñerse nas paredes das escaleiras, subindo para as aulas. 

BO NADAL!!!

A nosa árbore adornada polos nenos/as e as súas familias...Preciosa!!!
Concurso de postais de Nadal e de poesía " Un Nadal de cine"...e tachán tachán...as gañadoras son...


MAXIA...!!!

Recibimos a visita dun mago para os alumno/as de 4º, o motivo foi o regalo para unha nena, que decidiu compartilo cos seus compañeiros e compañeiras de curso.

MARABILLOSA CONTADORA DE HISTORIAS. OLALLA FERNÁNDEZ




Tivemos a sorte de que este ano , a escritora e contadora de historias Olalla Fernández, está traballando con nós como mestra. Presentounos, ó longo de 15 días, a infantil e 1º ciclo de primaria, as súas historias. Entre elas “Chivos, chivóns”, “Un máis”... Tamén puidemos contar coa presenza do escritor e  ilustrador  Marc Taeger que foi o ilustrador  dese mesmo conto “Un máis”.

25 DE NOVEMBRO: DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.




SAMAÍN : CONCURSO DE RELATOS DE MEDO.


Dirixido ó alumnado de 2º e 3º ciclo.
Os relatos gañadores presentáronnolo a nena e o neno gañador, o día da celebración do samaín no “rincón da jaima” , ambientado para a ocasión, dando moitísimo medo.

CHEGOU O SAMAÍN!!!


CONCURSO DE DEBUXOS  “ QUE É PARA MIN O MEDO”. Dirixido ó alumnado de infantil e 1º ciclo. Os debuxos gañadores foron, a aula de 5 anos e unha nena de 1ºB,  que nos marabillaron con estas obras de arte.