CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

5 mar 2015

21 DE MARZO "DIA DA POESÍA"

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala.
POSIBLES IDEAS:
. Elaboración de RAPS de poesías coñecidas ou inventadas . A base está colgada no blogue da biblioteca. Estos raps graváranse nunha fecha aínda non concretada.
Os participantes teñen que anotarse na biblio no recreo o martes ou  o xoves.
. Realización de CALIGRAMAS
Pensamos nun obxecto, persoa,.. sobre o que queiramos redactar o poema. Inventamos o poema seguindo a temática a tratar. Debuxamos con lapis o obxecto, persoa, ... ao que se refire o tema do poema (podemos marcar un debuxo  sacado de internet  a trasluz nunha ventá). Escribimos o poema seguindo o contorno do debuxo, ou enchendo o perfil, de xeito que os versos non sobrepasen os bordes fixados polo debuxo. Cando rematemos, borramos as liñas de lápiz. Poden ser caligramas de poemas xa escritos por escritores ou escritoras.
Os participantes deben entregar os traballos antes do 21, na biblioteca co nome e curso.


No pasillo tedes toda a bibliografía dispoñible na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario