http://www.biografiasyvidas.com/biografia/n/noether.htm
CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
23 mar 2015
19 mar 2015
VOUME DE EXCURSIÓN
Acompaño os nenos e nenas de catro anos o Salón do Libro de Pontevedra.
Salón do libro - Kizoa Movie Maker
Salón do libro - Kizoa Movie Maker
18 mar 2015
AS TRES GRAVATAS
O señor Pardo, o señor Verde e o señor
Negro estaban a xantar xuntos. Un deles levaba unha gravata parda, outro unha
gravata verde e outro unha gravata negra. “Decatáronse?”, dixo o home da
gravata verde, “de que aínda que as nosas gravatas son de cores iguais aos
nosos nomes, ningún de nós leva a gravata que correspondería ao seu nome?”.
“¡ Por deus tes razón!”, exclamou o
señor Pardo.
De qué cor era a gravata de cada un?
OS TRES DERRADEIROS ENIGMAS DESTE CURSO
Desta vez penso acertar as tres, ainda que non ve vedes, paso moito tempo diante da cortiza dándolle voltas o maxin.
Lembrade que podedes pedir axuda as vosas familias, eu teño moita sorte con colitas, e moi lista, e ten unha vista excelente a pesar dos seus olliños pequeniños.
SOLUCIÓNS OS PRIMEIROS ENIGMAS
Aquí están, trasniños e trasniñas, os resultados dos tres primeiros enigmas. A verdade é que eu non fun quen de adiviñar o da vaca. Felicidades os únicos acertantes desta quincena.
16 mar 2015
IOGA :Disciplina fisica e mental que se orixinou na India
Dende a biblioteca recomendamos o libro de Villegas Editores " Yoga para niños, OOOMMM MMMOOO" que ven cun xogo de tarxetas e unha historia moi boa.
Os nenos e nenas de catro anos xa o experimentaron grazas a colaboración dunha nai. Pena que so era para os cativos!!!!
A MALETA VIAXA
Ola , hoxe estou un pouco triste porque teño que viaxar a Santiago , teño que devolver a "Maleta de Matemáticas viaxeira". Foi bonito mentras durou.
Non vos preocupedes , o equipo de biblio están intentanto comprar algún deses libros tan interesantes de enigmas e contos matemáticos. Espero que o consigan para poder ver estampas tan bonitas coma estas.( nenos e nenas super concentrados cun libro na man).
Abur!!!
11 mar 2015
ACHÉGATE A INDIA: OBRADOIRO CON FÁBULAS E MANDALAS
No derradeiro xoves do mes de Febreiro, o obradoiro tivo como protagonista a India. As dúas encargadas forón Chelo e Ana , componentes do equipo da biblioteca.
Contarón a "Parábola dos Seis Sabios Cegos e o Elefante" coa axuda dun audivisual. Os participantes pintarón mandalas logo dunha pequena explicación. Todo esto nun ambiente de relaxación e tranquilidade. OmOmOmOmOm...!
RAPEANDO POEMAS.
A rapeira AÍD e unha grande admiradora de Rosalía de Castro, da cal
interpreta algúns poemas a ritmo de rap no seu disco libro RAPOEMAS.
5 mar 2015
Este é o segundo
Un lóxico atopouse nunha pequena cidade
que só tiña dous barbeiros, cada un deles coa súa propia barbaría. Como
necesitaba un corte de pelo, mirou cara ao interior dunha das barbarías e viu
de inmediato que era extremadamente sucia. O mesmo barbeiro necesitaba unha
afeitada, as súas roupas estaban sucias, o seu pelo descoidado e mal cortado. A
outra barbaría resultou ser impecable. O barbeiro estaba recentemente afeitado,
impecablemente vestido e tiña o pelo perfectamente cortado. O lóxico pensou un
momento e logo regresou á primeira barbaría para facerse cortar o pelo.
¿Por que?
Velaquí tedes o primeiro enigma
Cantos cadrados distintos podes contar no debuxo do mozo
hindú con turbante?
Cantos triángulos distintos podes contar no debuxo do
gato?
Fixate ben.¡ Os problemas
non son tan fáciles como podería parecer.!
21 DE MARZO "DIA DA POESÍA"
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para
lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala.
. Elaboración de RAPS de poesías coñecidas ou inventadas . A base está
colgada no blogue da biblioteca. Estos raps graváranse nunha fecha aínda non
concretada.
Os participantes teñen que anotarse na biblio no recreo o martes ou o xoves.
. Realización de CALIGRAMAS
Pensamos nun obxecto, persoa,.. sobre o que queiramos redactar o poema.
Inventamos o poema seguindo a temática a tratar. Debuxamos con lapis o obxecto,
persoa, ... ao que se refire o tema do poema (podemos marcar un debuxo sacado de internet a trasluz nunha ventá). Escribimos o poema
seguindo o contorno do debuxo, ou enchendo o perfil, de xeito que os versos non
sobrepasen os bordes fixados polo debuxo. Cando rematemos, borramos as liñas de
lápiz. Poden ser caligramas de poemas xa escritos por escritores ou escritoras.
Os participantes deben entregar os traballos antes do 21, na biblioteca co
nome e curso.
No pasillo tedes toda a bibliografía dispoñible na biblioteca.
ILUSTRANDO POEMAS
Os colaboradores da Biblio ilustrarón unhas poesías que levarán todos os trasniños e trasniñas do cole, para o Día da Poesía. Tamén a saída, os nenos/as repartirán estas poesías entre os país e nais.
3 mar 2015
SESIÓN DE KAMISHIBAI DO PROFE JOSÉ MANUEL AS CLASES DE 4º PRIMARIA
Kamishibai, en Xaponés, quere dicir “teatro de papel”.
É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Suele estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van a disfrutar do grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que teñen un dibuxo nunha cara e texto noutra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.
É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Suele estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van a disfrutar do grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que teñen un dibuxo nunha cara e texto noutra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.
Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentras os espectadores contemplan os dibuxos.
A lectura do kamishibai realizase colocando as láminas en orden sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama “butai”, de cara o auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentras se le o texto.
MÚSICA MULTICULTURAL
Playing for Change es un proyecto musical multimedia y también una fundación, ambos creados por iniciativa de Mark Johnson con el objetivo de reunir, grabar y filmar músicos de diferentes culturas."Conectando todo el planeta a través de la música. Como metáfora de esta unión, en sus canciones participan músicos de todo el planeta que graban su parte in situ escuchando lo que han hecho los otros a través de los audífonos".
La Fundación Playing for Change se dedica a la construcción de escuelas de música en todo el planeta. En 2008 se creó la primera escuela de música (Ntonga Music School) en el barrio de Gugulethu, en las afueras de Ciudad del Cabo, en Sudáfrica. La Fundación ha creado 7 escuelas y programa educativos de música:
2 mar 2015
"DÁNDOLLE VOLTAS AO MAXÍN"
Trasniños e trasniñas, chegou a biblioteca de Nazaret, unha maleta viaxeira. Está cargada con libros de matemáticas para poñer a funcionar a nosa cabeciña.
Podedes utilizalos, pero non se poden prestar para levar a casa. O martes 17 temos que devolvelos para que outra biblioteca os utilice.
Estade atentos porque na cortiza da biblioteca aparecerán "enigmas" ( que palabra tan misteriosa) que podedes intentar adiviñar.
Abur, eu sigo o meu, que é viaxar polo cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)