CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

23 abr 2013

DIA DO LIBRO .LER NA CASA


A lectura e a chave que abre a porta ás relacións sociais, á comunicación, ao coñecemento, ao lecer e ao traballo.
A escola e a familia poden accionar esa chave para facilitar a incorporación de nenos e mozos á cultura e ao conxunto
de valores compartidos da sociedade adulta. Familia e escola deben ir da man, asumindo ambos o seu compromiso
como mediadores directos entre os libros e os nenos. Cal é o papel de cada un nesta responsabilidade compartida?
A escola asume hoxe dúas grandes metas. A primeira, alfabetizar a un nivel alto a toda a poboación infantil e xuvenil.
A segunda, compartida con outras institucións, fomentar o hábito e o gusto pola lectura. Ambos aspectos se sintetizan
no obxectivo de formar lectores e escritores competentes que sexan capaces de descodificar, comprender o significado
e interpretar o texto outorgando sentido ao que len, tanto polo que di como polo contexto do tema que trata.
A familia non pode delegar na escola o seu papel na formación lectora dos seus fillos. O que os nenos aprenden na
escola é só unha pequena parte do que se ilustran dos seus pais, parentes, amigos, do contorno no que se desenvolven,
dos medios de comunicación... Por iso, a familia conta, e moito, na creación do gusto pola
lectura, reforzando en casa o que se aprende na escola creando situacións lectoras na vida cotiá, lendo
xuntos. O mellor xeito de animar a ler é compartir os bos libros rodeados de voces amigas. Os fillos fíxanse máis
no que fan os pais que no que eles lles din.

No hay comentarios:

Publicar un comentario