Solicitouse unha mochila viaxeira para o cole, con libros
relacionados co Proxecto de centro, “A Cociña”. Repartironse por ciclos os
libros, dándolle a cada ciclo 3 libros adaptados ás idades.
CHISPIN
BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
24 mar 2019
DÍA DA PAZ. 30 de Xaneiro.
Espúxose
na biblio un mural de Malala e Gandhi, con citas propias, ademáis de espoñer os
libros que teñan referencia á paz ou a coeducación. Preparouse unha canción co
alumnado de 3º curso que foi interpretada por eles mesmos, xunto co seu mestre
que os acompañou coa guitarra.
AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL.
Cos adornos que fixeron os nen@s e as súas familias, así de fermosas quedaron as árbores de Nadal do cole.
SEMANA D@S CONTADORES DE HISTORIAS. (17-21 DE DECEMBRO)
Un grupo de nenos e nenas de 6º curso, prepararon un conto para
escenificar ó alumnado de infantil e 1º curso de primaria, o conto foi “Cocorico” de Marisa Núñez. E as nenas de 5º curso, interpretaron o conto
de “A
cousa que máis doe do mundo” de Paco Liván.
Cada día interpretaban 2 contos
para cada curso de infantil e 1º curso. Os actores e actrices, fixérono
fantástico!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)