Novamente fíxose
outra semana de cine, proxectouse para infantil Pipi Calzaslargas en capítulos, para 1º, 2º e 3º a peli de Pipi Calzaslargas, e para 4º, 5º e 6º de Primaria a peli de Billy Elliot.
CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
22 abr 2019
DÍA DO TEATRO. 27 DE MARZO

Para conmemorar o día do teatro, realizouse un
taller de marionetas con material de
reciclaxe.
Tamén ó lado do taller de marionetas, había un guiñol, no que cada nena e cada neno
podían ir montando a súa historia, unha vez rematada a marioneta. Todo xenial grazas a colaboracón das axudantas da biblioteca.
DÍA DA POESÍA. 21 DE MARZO
DÍA DAS MATEMÁTICAS. 14 DE MARZO
Día das matemáticas”. Xoves 14 de marzo. Realizouse un “Taller de Tangram” proxectábase directamente un conto, con figuras de tangram, onde os nen@s tiñan
que ir construindo as figuras do conto.
24 mar 2019
Mochila viaxeira do CEFORE.
Solicitouse unha mochila viaxeira para o cole, con libros
relacionados co Proxecto de centro, “A Cociña”. Repartironse por ciclos os
libros, dándolle a cada ciclo 3 libros adaptados ás idades.
DÍA DA PAZ. 30 de Xaneiro.
Espúxose
na biblio un mural de Malala e Gandhi, con citas propias, ademáis de espoñer os
libros que teñan referencia á paz ou a coeducación. Preparouse unha canción co
alumnado de 3º curso que foi interpretada por eles mesmos, xunto co seu mestre
que os acompañou coa guitarra.
AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL.
Cos adornos que fixeron os nen@s e as súas familias, así de fermosas quedaron as árbores de Nadal do cole.
SEMANA D@S CONTADORES DE HISTORIAS. (17-21 DE DECEMBRO)
Un grupo de nenos e nenas de 6º curso, prepararon un conto para
escenificar ó alumnado de infantil e 1º curso de primaria, o conto foi “Cocorico” de Marisa Núñez. E as nenas de 5º curso, interpretaron o conto
de “A
cousa que máis doe do mundo” de Paco Liván.
Cada día interpretaban 2 contos
para cada curso de infantil e 1º curso. Os actores e actrices, fixérono
fantástico!
17 mar 2019
DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)
Expuxéronse todos os libros
con relación a ese día. Non son libros específicos de violencia de xénero, pero
sí, libros basados na coeducación e no respeto.
O MISTERIO DOS VENRES (NOVEMBRO)
É unha actividade
das “Aventuras da man negra”. Basado
no libro “Operación Cetro de oro” de Julian Press (8 aventuras y 60 enigmas
para resolver disfrutando) en colaboración co Equipo de Normalización
Lingüística, que se encargou de traducilo a galego.
Cada
venres, na hora do recreo, proxéctase na
pantalla da ludoteca, unha páxina do libro. Ese texto, tratábase dun misterio
sen resolver, xunto cun debuxo. Cada nen@ tiñan unhas pesquisas individuais
para responder. Cada venres, teñen que respostar a 1 pregunta e ler un misterio
novo, para resolver para o venres seguinte.
O SAMAIN (31 DE OUTUBRO)
Coa axuda das familias fíxose "a pócima terrorífica”. Consistía en facer unha
receita terrorífica, coñecida ou inventada. Con todas as receitas entregadas, fíxose un “Libro de receitas” para a biblioteca. Que medo máis rico!!!
Pero aínda máis terrorífico foi o túnel do terror que como todos os anos fai que trememos de medo.
DÍA DA BIBLIOTECA (24 OUTUBRO)
Celebrouse
a semana da biblioteca.
- Ó longo da semana, no horario de biblioteca que ten cada curso, realizouse unha actividade xuntos padriños/madriñas, afillados e afilladas. Unha actividade do apadriñamento lector. Consistía en facer unha manualidade de pins de Chispín, facíanos conxuntamente en parellas ou grupos e despois os padriños e madriñas llos regalaban @s seus afilld@s.
Cos libros que se expurgaron da biblio, fíxose un “Mercadillo de libros”
-
Visitounos unha coñecida contadora de historias Marta Ortiz, para o alumnado de 4 e 5
anos de infantil.
12 mar 2019
A NOSA BIBLIOTECA MOLA!!!!
Decoración
das distintas paredes da biblio, por varios murais elexidos polo equipo e feitos, unha vez máis, polo alumnado
axudante e axudantas da biblio.
Esta é
a porta de entrada da biblioteca, que
ten relación co proxecto anual de centro, A cociña. Ratatouille quedou así de
expléndido!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)