CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
7 abr 2018
CAMPIONATO DE XOGOS DE MESA ( CINQUILLO E ESCOBA)
Dende a biblioteca imos organizar un campionato de
cartas para o alumnado de primaria. Será nos recreos, por parellas, de carácter
voluntario e terá dúas categorías:
1º e 2º de Primaria. Cinquillo:
A participante se lle darán 10 fichas. Xogaranse 2 ou 3 partidas
(segundo dea tempo). Ao rematar gañará a parella que teña máis fichas.
Segundo o número de inscritos tentaremos que cada
parella xogue contra alomenos dúas parellas.
De 3º a 6º de Primaria. Escoba:
Cada parella enfrontarase a outra en 2 ou 3 partidas
(segundo dea tempo). Ao rematar gañará a parella que máis puntos teña.
Para participar poderán anotarse na biblio nos recreos
dende o 1 ao 16 de febreiro.
Se algún neno quere participar e non atopa parella,
buscarémoslle (e encontrarémoslle) unha.
Cada compoñente das parellas gañadoras gañarán un libro elixido por eles/as.
Para darlle á biblio un ambiente de cine, os días que
lles toque xogar, os participantes pode traer un sombreiro ou complemento para
a cabeza: gorro de gánster, de vaqueiro, de mago, pañoleta de pitonisa...
O campionato comezará á volta de Semana Santa, para
darlle tempo a aprender o xogo aos nen@s que non o coñecen.
Practicade na casa cos vosos fill@s/ netos/ sobriños
e... A PASALO BEN!!!
TEMOS UNHA BIBLIOTECA DE CINE.
Coa colaboración dos axudantes e axudantas da biblio que traballaron moito, temos a todas as personaxes das pelis de cine coidando da nosa biblioteca...Podedes ver a Harry Potter, a Princesa Leia...
DÍA DA PAZ.
Coa canción e banda sonora “ Hay
un amigo en mi” da película de animación de TOY STORY cantadas por todo o alumnado do cole e fotogramas con fotos dos nenos e nenas con xestos de amizade, amor e paz, celebramos o día da PAZ. Estas fotos
pasaron despois a expoñerse nas paredes das escaleiras, subindo para as aulas.
BO NADAL!!!
A nosa árbore adornada polos nenos/as e as súas familias...Preciosa!!!
Concurso de postais de Nadal e de poesía " Un Nadal de cine"...e tachán tachán...as gañadoras son...
Concurso de postais de Nadal e de poesía " Un Nadal de cine"...e tachán tachán...as gañadoras son...
MAXIA...!!!
Recibimos a visita dun mago para os alumno/as de 4º, o motivo foi o regalo para unha nena, que decidiu compartilo cos seus compañeiros e compañeiras de curso.
MARABILLOSA CONTADORA DE HISTORIAS. OLALLA FERNÁNDEZ
Tivemos a sorte de que este ano , a escritora e
contadora de historias Olalla Fernández, está traballando con nós como mestra. Presentounos, ó
longo de 15 días, a infantil e 1º ciclo de primaria, as súas historias. Entre
elas “Chivos, chivóns”, “Un máis”... Tamén puidemos contar coa presenza do
escritor e
ilustrador Marc Taeger que foi o ilustrador dese mesmo conto “Un máis”.
SAMAÍN : CONCURSO DE RELATOS DE MEDO.
Dirixido ó alumnado de 2º e 3º ciclo.
Os relatos gañadores presentáronnolo a nena e o neno gañador, o día da celebración do samaín no “rincón da jaima” , ambientado para a ocasión, dando moitísimo medo.
CHEGOU O SAMAÍN!!!
CONCURSO DE DEBUXOS “ QUE É PARA MIN O MEDO”. Dirixido ó alumnado de infantil e 1º ciclo. Os debuxos gañadores foron, a aula de 5 anos e unha nena de 1ºB, que nos marabillaron con estas obras de arte.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)