CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
29 feb 2016
HIVE: LA COLMENA.
O 25 deste mes tivo lugar o obradoiro levado a cabo polo profe Marcos. Neste obradoiro explicáronse as regras desde xogo creado por un programador informàtico no 2011 chamado JonhYianni .
Aqui podedes ver como se xoga.ROSALÍA
Este ano a música invadiu a celebración de Rosalía, o cal está moi ben.
Os pequenos e pequenas de infantil cantaron e os maiores de sexto tocaron instrumentos. Precioso!!!! berrooooou Colitas dende o columpio da árbore.
Case se cae da emoción, e se pega un coscorrón.
28 feb 2016
O MES DE MARZO É O MES DO INGLÉS NA NOSA BIBLIOTECA.
Dende a Biblioteca queremos celebrar o centenario da morte de Shakespeare, intentando que a xente se anime a levar libros en inglés para casa. Foi dramaturgo, escritor e para algúns un home adiantado no tempo, por exemplo na obra " El libro de Sir Tomàs Moro " xa aboga polos refuxiados.
Podedes consultar a bibliografía http://www.biografiasyvidas.com/monografia/shakespeare/
8 feb 2016
VIVA O ENTROIDO.
A nosa Colitas, deixou a un lado a tristeza pola falta de Chispin e disfrutou do entroido coma unha máis no hombro da profe Mª Luz, ataviada para tal ocasión.
Todos os trasniños e trasniñas foron disfrazados de bichiños ou de persoas dedicadas á investigación deses bichiños.Preme o enlace e disfruta da bichería.
2 feb 2016
QUENTANDO MOTORES PARA AS LETRAS GALEGAS.
Obradoiro de poesía de Manuel María coas profes Chelo e Carmen do equipo da biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)