CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

9 nov 2015

TALLER DE INFANTIL E PRIMER CICLO.

Lembrade que cada xoves final de mes temos polas tardes na biblioteca un taller-tema de bichiños. O xoves deste mes é un contacontos da Eiruga Glotona de Eric Carle, feito por dúas compoñentes do equipo da biblio, Montse e Eli.
Estamos esperando a vosa participación, despois do conto haberá un taller de marcapáxinas.

3 nov 2015

QUE MEDO PASAMOS ESTE ANO!!!!

Este ano nenos e nenas viñeron a levar prestados as novidades deste ano de libros de medo, debeu ser para inspirarse e facer un bo libro de medo. Colitas non foi quen de lelo ainda, é unha ratiña moi medrenta. A min encantoume.

O cole estivo cheo de cabazas inspiradas en bichiños e ainda así daban moito medo.
Preme para disfrutar das transformacións.
Preme aquí para ver o tunel.
Maís cabazas.


1 nov 2015

BENVIDOS NOVOS TRASNIÑOS E TRASNIÑAS!!!!!!

chispin from Chispin on Vimeo.

Chispin e Colitas falan cos novos lectores da Biblioteca, os nenos e nenas de 3 anos. O Equipo de biblioteca está preparado para  facer os novos carnes a estes pequenos lectores. Estreamos o archivador de carnes para Educación Infantil.