As profesoras de Educación Infantil, Montse e Eli, de catro anos participan no Salón do Libro de este ano coa sua obra inspirada nos libros de Julio Verne.
CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
26 feb 2015
25 feb 2015
Dous enlaces para ver dous Libros Lim, o primeiro baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER
Son 31 poemas e ilustracións con predominio de figuras de mulleres.
"Ilustrar los poemas de Isabel me desafió a implicarme emocionalmente en la creación de otra persona, con la obligación de participar en esa creación con mi aportación personal, complementando, respetando, y sin alterar el desarrollo del impulso creativo" explica Irene Silva Xiráldez. (Faro de Vigo , Martes 24 de Febrero de 2015).
23 feb 2015
ROSALÍA DE CASTRO DESDE IRLANDA
Parabéns a Xela Cuñarro Otero, unha xoven profesora de Cangas que imparte clases nun colexio de Irlanda, e por suposto tamén aos seus alumnos de St. Mary's Primary School, por esta fantástica versión bilingüe do famoso poema de Rosalía de Castro.
22 feb 2015
DÍA DE ROSALÍA, 24 FEBREIRO 2015
Co adaxo da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos a Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro promoveron unha iniciativa para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos desta obra: “Airiños, airiños aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”.
Este ano propoño que traballedes nas clases de primaria o poema "Adiós ríos, adiós fontes" en italiano, árabe, romanes, ruso, chines... e outros idiomas.Para os mais cativos esto e moi dificil, asi que poden facer dibuxos a modo de pictogramas da primeira estrofa.
Diante da Biblio haberá un mural onde estará o poema completo e a tradución aos diferentes idiomas.
Diante da Biblio haberá un mural onde estará o poema completo e a tradución aos diferentes idiomas.
Tamén podedes escoitar o poema musicado no reproductor na cima do blogue.
![]() |
16 feb 2015
POR FIN CELEBRO O ENTROIDO
Ola nenos e nenas , quero agradecer os trasnos e trasniñas de 5º, porque mo pasei moi ben o dia do entroido.
Qué disfraces, que guapos estabamos todos os do cole.
Qué disfraces, que guapos estabamos todos os do cole.
13 feb 2015
FELIZ SAN VALENTIN TRASNIÑOS E TRANIÑAS.
Grazas trasniños e traniñas pola vosa colaboración . Encantarónme as cartas e postais do amor e mesmo con algunha, colitas e mais eu, nos emocionamos moito e botamos algunha que outra bágoa.
Graciñas a Laura, Gael e Adrián que me escribirón tres cartas só para min, están na porta da árbore para compartilas con todos mentres ando de viaxe polo colexio.
Graciñas a Laura, Gael e Adrián que me escribirón tres cartas só para min, están na porta da árbore para compartilas con todos mentres ando de viaxe polo colexio.
9 feb 2015
Certame de Cartas de amor .
A biblio está a organizar un Certame de poesías, tarxetas, ou cartas relacionadas co amor, amistade, cariño...
Entregaranse nunha caixa en forma de corazón que estará na porta da Biblio ata o xoves dia 12. Pode entregarse en calquera material e en calquera idioma.
Esta semana nos recreos do martes e xoves, poñerase na videoteca curtametraxes sobre o amor.
Animádevos a participar.
8 feb 2015
AUSTRALIAN ANIMALS
Oceanía, é un continente que parece tan pequeno e cantos animais ten, graciñas as mestras de quinto e a mestra de inglés por todo o que me ensinarón sobre o continente. Para min e para Colitas é o lugar ideal para pasar unha tempada de descanso, pero non no verán que vai moita calor por ali.
6 feb 2015
OBRADOIRO SOBRE EXIPTO, ATOPANDO PISTAS.
O derradeiro xoves de cada mes, o meus amigos e amigas do equipo da biblioteca, prepararán obradoiros con diferentes contidos e temáticas.
O primeiro obradoiro foi unha búsqueda de pistas, por equipos, para saber máis dunha civilización moi antiga.Os participantes tiñan que responder preguntas, utilizando os medios que tiña a biblioteca. A experiencia foi un éxito , participarón sete equipos de catro membros.
O equipo gañador foi o amarelo composto por: Sofia, Paula, Carmen e Inés .
Enoraboa!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)