CHISPIN

BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
22 sept 2014
"LENDO POLO MUNDO"
Trasniños e trasniñas, poñemos a andar un novo proxecto dende a biblioteca. Vou viaxar polas clases para poder ver aos cativos deste colexio e que me conten cousas do mundo no que vivimos.
Titoras e titores, no carriño podedes atopar cousas moi interesantes. Levadeas para a clase e xa me contaredes.Aparecerán mais fondos o longo do mes.
21 sept 2014
De novo estou de volta... despois de longa ausencia...
Ola trasniños e trasniñas!!!
Tardamos pero xa estamos eiquí!!!
Preguntareivos por que tardamos tanto en escribirvos polo blogue, pois a resposta é moi sinxela.
Cando Colitas e eu andavamos a viaxar polo mundo, eran os do equipo os que escribían por min. Pero dende que xa estou no cole dixeronme que nanai, que teño moito tempo libre, que eles andan a mil preparando concursos e obradoiros para vós, que non, que tiña que poñerme o día.
E para poñerme o día... tardei un ano. Pero xa está feito. Logo dunhas clases con Duarte, Colitas e eu xa sabemos como escribirvos, poñervos fotos, videos...
ASÍ QUE PREPARADEVOS!!!
ESTADE PENDENTES DE NÓS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)