CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

Mostrando entradas con la etiqueta curso 2010 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2010 2011. Mostrar todas las entradas

26 feb 2011

O DÍA QUE OS ANIMAIS FALEN

OBSERVA ESTA IMAXE.

SÓ TES QUE POÑERLLE UN TÍTULO E ESCRIBIR UNHA PEQUENA HISTORIA SOBRE ELA.

NON ESQUEZAS ESCRIBIR O TEU NOME E O CURSO.

DÉIXAA NA BANDEXA AMARELA DA BIBLIOTECA

TODAS AS HISTORIAS QUE ESCRIBADES COLGARÉMOLAS NO BLOGUE E PUNTUARÁN NO TEU CASILLEIRO

24 feb 2011

A PREGUNTIÑA CURIOSA

A preguntiña curiosa desta semana:

Por que nos da o hipo?

Lembra que só por participar poderás poñer un punto máis no teu casilleiro e que o importante non é dar unha resposta correcta senón o máis orixinal posible

22 feb 2011

SEMANA DAS LENDAS HINDÚES

O TRASNO DEIXOUNOS ALGUNHAS
PREGUNTIÑAS CURIOSAS PARA QUE
BUSQUEMOS INFORMACIÓN SOBRE A INDIA,
AQUÍ AS TEDES:


1. Na Cordillera do Himalaya atópase a montaña máis alta do mundo. Poderíades dicir o seu nome e canto mide exactamente?

2. As mulleres indias visten un traxe tradicional que pode levar entre 4 e 9 metros de tea. Sabes como se chama este traxe tan curioso?

3. No parque Nacional de Sundarbans atópase unha reserva de tigres. Como se chama este tipo de tigres e por que?

4. Onde se celebra exactamente o famoso festival indio de Elefantes adornados?

Sabemos que estades a investigar. Moito ánimo!!!

21 feb 2011

SEMANA LENDAS HINDÚES



      













 A POSTAL QUE CHEGOU HOXE TRAÍA MOITAS SORPRESAS, 
FOTOS DO TRASNO  POR VARIOS LUGARES TÍPICOS DA INDIA,
MOITAS PREGUNTIÑAS CURIOSAS PARA QUE INVESTIGUEDES E
A FOTO DUN PALACIO MOI COÑECIDO NESTE PAÍS...

SABERÍAS DICIRNOS COMO SE CHAMA??...

18 feb 2011

SEMANA DAS LENDAS HINDÚES

O TRASNO "TI" ENVIOUNOS UNHA NOVA POSTAL DENDE A INDIA. ESTA VEZ QUIXO QUE COÑECERAMOS DIFERENTES LENDAS HINDÚES E ACOMPAÑOUNAS DE MOITAS ACTIVIDADES QUE PODERÁS REALIZAR NA BIBLIOTECA NAS TARDES DE ESTA SEMANA. ADEMÁS SE PINCHAS NOS ENLACES PODERÁS FACELAS DENDE O TEU ORDENADOR

Infantil-O ser máis poderoso
1º ciclo- Ernesto non pode!
2º e 3º ciclo- A cor dos paxaros

O BOSQUE



MIRADE QUE VÍDEO TAN MARABILLOSO ATOPAMOS PARA TODOS VÓS!!!

17 feb 2011

O ENTROIDO



Próximamente festexaremos no colexio a chegada do Entroido, ide preparando o voso disfraz!!!