Que ben! Que ben! que requeteben!
A dous viaxeiros incansables coma Colitas e eu, nos encanta que este ano no cole esteades a traballar as diferentes culturas.
Veredes que roupa, comida, música, danzas... máis bonitas hai polo mundo adiante. Eu mesmo estou a coñecelas coa vosa axuda.
Xa fun con moitas clases por moitos países e pronto vos ensinarei fotos do ben que o pasei.
Por certo!!!
Contáronme as faíscas, que aos profes tamén lles cachifa viaxar. Por exemplo Marcos ensinoume esta foto dunha fantástica viaxe que fixo.
Sabedes onde foi? Probade sorte.
MÁIS biblionovas próximamente...
No hay comentarios:
Publicar un comentario