Trasniños e trasniñas, chegou a biblioteca de Nazaret, unha maleta viaxeira. Está cargada con libros de matemáticas para poñer a funcionar a nosa cabeciña.
Podedes utilizalos, pero non se poden prestar para levar a casa. O martes 17 temos que devolvelos para que outra biblioteca os utilice.
Estade atentos porque na cortiza da biblioteca aparecerán "enigmas" ( que palabra tan misteriosa) que podedes intentar adiviñar.
Abur, eu sigo o meu, que é viaxar polo cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario