CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

13 dic 2015

OS MESTRES RECOMENDAN

Nestas vacacións non vos esquezades de ler, aquí vos deixo unhas recomendacións dos mestres do cole.


recomendaciones - Kizoa Movie Maker

Facemonos eco das recomendacións da Coordinadora do EDLG do Morrazo nestes enlaces.
INFANTIL
PRIMARIA

8 dic 2015

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Os trasniños e trasniñas de sexto fixeron unha vidrieira alusiva á violencia de xénero. Os nenos e nenas de terceiro e cuarto traballaron diferentes contos sobre o tema . Xogaron no recreo a atopar diferentes partes que formaban puzzles de portadas dos contos  coñecidos que falan deste tema.






EIRUGA LARPEIRA.

                                                       Preme aquí  Eiruga Larpeira                                                       

9 nov 2015

TALLER DE INFANTIL E PRIMER CICLO.

Lembrade que cada xoves final de mes temos polas tardes na biblioteca un taller-tema de bichiños. O xoves deste mes é un contacontos da Eiruga Glotona de Eric Carle, feito por dúas compoñentes do equipo da biblio, Montse e Eli.
Estamos esperando a vosa participación, despois do conto haberá un taller de marcapáxinas.

3 nov 2015

QUE MEDO PASAMOS ESTE ANO!!!!

Este ano nenos e nenas viñeron a levar prestados as novidades deste ano de libros de medo, debeu ser para inspirarse e facer un bo libro de medo. Colitas non foi quen de lelo ainda, é unha ratiña moi medrenta. A min encantoume.

O cole estivo cheo de cabazas inspiradas en bichiños e ainda así daban moito medo.
Preme para disfrutar das transformacións.
Preme aquí para ver o tunel.
Maís cabazas.


1 nov 2015

BENVIDOS NOVOS TRASNIÑOS E TRASNIÑAS!!!!!!

chispin from Chispin on Vimeo.

Chispin e Colitas falan cos novos lectores da Biblioteca, os nenos e nenas de 3 anos. O Equipo de biblioteca está preparado para  facer os novos carnes a estes pequenos lectores. Estreamos o archivador de carnes para Educación Infantil.



26 oct 2015

DIA DA BIBLIOTECA: "O MEU LIBRO FAVORITO"

Aquí tedes o libro favorito dos nenos e nenas que participarón. Quedarón os videos chulísimos!!!!!
Na estantería de fora podedes probar a leer estas recomendacións dos vosos compañeiros/as.


11 oct 2015

SAMAIN "MEDO ME DÁS"

Con  motivo desta festa , propoño facer entre todos e todas un libro de medo, un en infantil e outro en primaria. O libro o comezarán os maiores, e irá pasando polo resto das aulas para continualo.Xa que hai que acabalo para o Samaín, imos xustiños de tempo.O libro pasará un día por cada clase en primaria, e dous en infantil.

Estou preparando o tunel de terror deste ano preparadevos trasniñas e trasniños. 

8 oct 2015

O MEU LIBRO FAVORITO

Este ano para o  Día da Biblioteca, gustaríame saber cal é o voso libro favorito. Os que queirades participar solicitade a axuda do voso titor ou da vosa titora. O tema consistiria en facer unha grabación onde podedes darlle publicidade o voso libro favorito.
Animádevos a participar, seguro que o pasades moi ben.

5 oct 2015

"BICHIÑOS A TOPE"

Xa tedes no carrito da Biblio os libros dispoñibles neste momento do tema deste ano. Lembrádevos de deixalos de volta no mesmo sitio para que os poidan disfrutar outros compañeiros/as.




28 sept 2015

UN ANO MAIS


Queridos trasniños e trasniñas agardo con impaciencia a vosa volta a biblioteca para comezar unha nova aventura. Este ano vos direi que a miña amiga Colitas está moi contenta porque vamos a traballar os "Bichiños".
Eu tamén estou nervioso e contento á vez, pronto coñecerei os novos trasniños e trasniñas de este ano. Agardo que lles guste vir a biblio coma a min.
Bueno abur, non vos olvidedes de entrar no blogue para informarvos dos talleres deste ano.


5 jun 2015

O XADREZ

Este xogo, tal como se coñece actualmente, ten a sua orixen en Europa durante o seculo XV, como evolución do xogo persa shatranj, que a sua vez ten orixe a partir do mais antigo chaturanga, que se practicaba na India no seculo VI. A tradición de organizar competicions de xadrez  comezou no seculo XVI. O primer campeonato oficial do mundo do xadrez  organizóuse en 1886. O xadrez está considerado polo Comité Olímpico Internacional como un deporte.
Xogase sobre un taboleiro cuadriculado de 8×8 casillas, alternadas en cores branco e negro, que constituen as 64 posibles posicions para o desenrolo do xogo. O principio do xogo cada xogador ten dazaséis pezas: o rei, unha dama, dous alfiles, dous cabalos, dous torres e oito peons.  Tratase dun xogo de estratexia no que o obxetivo é «derrocar» o rei do opoñente.


1 jun 2015

"LENDO O MUNDO"

GRACIAS AOS  TITORES E TITORAS QUE PARTICIPARÓN E TRABALLARÓN NA ELABORACIÓN DA EXPOSICIÓN FINAL!!!!!!! 
É UN PRACER SER O TRASNIÑO DESTA BIBLIOTECA CON TANTO APOIO.

31 may 2015

NENÚFARES

"Los antiguos egipcios veneraban los nenúfares del Nilo, a los que solían llamar “lotos” (no confundir con el género lotus). Es frecuente el motivo del “loto” en los capiteles de las columnas (forma lotiforme) de los templos egipcios. Florece en la noche y se cierra por la mañana, esto simbolizaba la separación de deidades y era un motivo asociado a sus creencias sobre la muerte y el más allá. El reciente descubrimiento de las propiedades psicodélicas del loto azul egipcio es muy probable que hubiesen sido conocidas por los egipcios y explica su papel ceremonial que puede verse en multitud de representaciones. Restos de ambos tipos de nenúfares se han encontrado en la tumba de Ramsés II." (Wikipedia).
 Aquí tedes os cativos de tres anos plantando nenúfares.




22 may 2015

AS BIBLIOTECAS MÁIS GRANDES DO MUNDO

Aqui tedes as dez Bibliotecas con mais libros do mundo que aparecen no articulo da revista escolar deste ano. Disfrutade coas fotos e a música.

17 may 2015

MAIO LITERARIO

Neste mes tivemos a visita de Anxo Moure e Ledicia Costas. Gracias os dous!, non puiden velos para darlle un saudo, porque sigo o meu percorrido polo mundo, pero sen moverme do cole.

3 may 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.



Este ano como estou de vacacións, decidin chamar o meu compadre Booking. Si é inglés pero fala moi ben o galego e o castelán, é plurilingüe. O que mais lle gusta e ler libros," salta a vista", je,je..Agora anda a voltas co libro "Don Quijote de la Mancha", está encantado, é o seu favorito.
E vos que favoritos tedes?



19 abr 2015

MASANOBU FUKUOKA

Foi un agricultorbiólogo e filósofo xaponés que  para mellorar a producción da Natureza coa menor intervención posible ideou un sistema que permite sustituir o arado e outros métodos:
  • Mezclando sementes dentro de boliñas de barro de 1,5 cm que logo esparcirá polo campo.
  • As bolas desfanse coa primeira chuvia intensa, e as sementes comenzarán a brotar,  protexidas dos  animais e do tempo.
  • Na mezcla de sementes veñen incluidas as sementes do cultivo que se desexa facer, xunto a outras plantas (principalmente trébol blanco) que xerminarán máis pronto e crearán unha capa fina que protexerá o chan da luz, impedindo a xerminación de herbas, pero non de cereais ou o que se desexa cultivar.
Aquí tedes as boliñas dos cativos de catro anos.



14 abr 2015

PROFESORES/ORAS EXPLORADORAS

Que ben! Que ben! que requeteben!

A dous viaxeiros incansables coma Colitas e eu, nos encanta que este ano no cole esteades a traballar as diferentes culturas.

Veredes que roupa, comida, música, danzas... máis bonitas hai polo mundo adiante. Eu mesmo estou a coñecelas coa vosa axuda.
Xa fun con moitas clases por moitos países e pronto vos ensinarei fotos do ben que o pasei.


Por certo!!!
Contáronme as faíscas, que aos profes tamén lles cachifa viaxar. Por exemplo Marcos ensinoume esta foto dunha fantástica viaxe que fixo.

Sabedes onde foi? Probade sorte.


MÁIS biblionovas próximamente...

11 abr 2015

LO QUE ESCUCHÓ LA MARIQUITA

     As profes, Eli e Montse fixerón o obradoiro dedicado a primavera. Os nenos e nenas de infantil, escoitarón moi atentos o conto, e logo fixerón manualidades que quedarón adornando a Biblio.
     O conto e da autora do "Gruffalo" e trata dunha xoaniña que fai un plan para darlle unha lección a dous ladróns.



7 abr 2015

CALIGRAMAS

Grazas pola participación, na biblioteca están moi contentos cos vosos caligramas. Son moi bonitos . Felicito os gañadores/oras dos enigmas e dos caligramas.
    Trasniños, trasniñas, estou cheo de ledicia polo interés que poñedes en participar. Seguide así!!



18 mar 2015

SILUETAS DE VITRUVIO

Cántas siluetas ves?





AS TRES GRAVATAS


O señor Pardo, o señor Verde e o señor Negro estaban a xantar xuntos. Un deles levaba unha gravata parda, outro unha gravata verde e outro unha gravata negra. “Decatáronse?”, dixo o home da gravata verde, “de que aínda que as nosas gravatas son de cores iguais aos nosos nomes, ningún de nós leva a gravata que correspondería ao seu nome?”.
“¡ Por deus tes razón!”, exclamou o señor Pardo.
De qué cor era a gravata de cada un?



OS NOVE PUNTOS

Pasa por todos os puntos con catro rectas sen levantar o lapis.





OS TRES DERRADEIROS ENIGMAS DESTE CURSO

Desta vez penso acertar as tres, ainda que non ve vedes, paso moito tempo diante da cortiza dándolle voltas o maxin.
Lembrade que podedes pedir axuda as vosas familias, eu teño moita sorte con colitas, e moi lista, e ten unha vista excelente a pesar dos seus olliños pequeniños.

SOLUCIÓNS OS PRIMEIROS ENIGMAS

      Aquí están, trasniños e trasniñas, os resultados dos tres primeiros enigmas. A verdade é que eu non fun quen de adiviñar o da vaca. Felicidades os únicos acertantes desta quincena.



16 mar 2015

IOGA :Disciplina fisica e mental que se orixinou na India




Dende a biblioteca recomendamos o libro de Villegas Editores " Yoga para niños, OOOMMM MMMOOO" que ven cun xogo de tarxetas e unha historia moi boa.
Os nenos e nenas de catro anos xa o experimentaron grazas a colaboración dunha nai. Pena que so era para os cativos!!!!





A MALETA VIAXA


      Ola , hoxe estou un pouco triste porque teño que viaxar a Santiago , teño que devolver a "Maleta de Matemáticas viaxeira". Foi bonito mentras durou. 
    Non vos preocupedes , o equipo de biblio están intentanto comprar algún deses libros tan interesantes de enigmas e contos matemáticos. Espero que o consigan para poder ver estampas tan bonitas coma estas.( nenos e nenas super concentrados cun libro na man).
Abur!!!







11 mar 2015

ACHÉGATE A INDIA: OBRADOIRO CON FÁBULAS E MANDALAS

   

  No derradeiro xoves do mes de Febreiro, o obradoiro tivo como protagonista a India. As dúas encargadas forón Chelo e Ana , componentes do equipo da biblioteca.
      Contarón a "Parábola dos Seis Sabios Cegos e o Elefante" coa axuda dun audivisual. Os participantes pintarón mandalas logo dunha pequena explicación. Todo esto nun ambiente de relaxación e tranquilidade. OmOmOmOmOm...!


















RAPEANDO POEMAS.




A rapeira AÍD e unha grande admiradora de Rosalía de Castro, da cal interpreta algúns poemas a ritmo de rap no seu disco libro RAPOEMAS.





5 mar 2015

E ala vai o terceiro

   
 Como podes facer que a vaca mire para o outro lado, movendo só dous palos.




Este é o segundo




      Un lóxico atopouse nunha pequena cidade que só tiña dous barbeiros, cada un deles coa súa propia barbaría. Como necesitaba un corte de pelo, mirou cara ao interior dunha das barbarías e viu de inmediato que era extremadamente sucia. O mesmo barbeiro necesitaba unha afeitada, as súas roupas estaban sucias, o seu pelo descoidado e mal cortado. A outra barbaría resultou ser impecable. O barbeiro estaba recentemente afeitado, impecablemente vestido e tiña o pelo perfectamente cortado. O lóxico pensou un momento e logo regresou á primeira barbaría para facerse cortar o pelo.
¿Por que?

Velaquí tedes o primeiro enigma

Cantos cadrados distintos podes contar no debuxo do mozo hindú con turbante?

Cantos triángulos distintos podes contar no debuxo do gato?


Fixate ben.¡ Os problemas non son tan fáciles como podería parecer.!

21 DE MARZO "DIA DA POESÍA"

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala.
POSIBLES IDEAS:
. Elaboración de RAPS de poesías coñecidas ou inventadas . A base está colgada no blogue da biblioteca. Estos raps graváranse nunha fecha aínda non concretada.
Os participantes teñen que anotarse na biblio no recreo o martes ou  o xoves.
. Realización de CALIGRAMAS
Pensamos nun obxecto, persoa,.. sobre o que queiramos redactar o poema. Inventamos o poema seguindo a temática a tratar. Debuxamos con lapis o obxecto, persoa, ... ao que se refire o tema do poema (podemos marcar un debuxo  sacado de internet  a trasluz nunha ventá). Escribimos o poema seguindo o contorno do debuxo, ou enchendo o perfil, de xeito que os versos non sobrepasen os bordes fixados polo debuxo. Cando rematemos, borramos as liñas de lápiz. Poden ser caligramas de poemas xa escritos por escritores ou escritoras.
Os participantes deben entregar os traballos antes do 21, na biblioteca co nome e curso.


No pasillo tedes toda a bibliografía dispoñible na biblioteca.