22 feb 2015

DÍA DE ROSALÍA, 24 FEBREIRO 2015

     Co adaxo da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos a Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro promoveron unha iniciativa para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos desta obra: “Airiños, airiños aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”.
     Este ano  propoño que  traballedes nas clases de primaria o poema "Adiós ríos, adiós fontes" en italiano, árabe, romanes, ruso, chines... e outros idiomas.Para os mais cativos  esto e moi dificil, asi que poden facer dibuxos a modo de pictogramas da primeira estrofa. 
       Diante da Biblio haberá un mural onde estará o poema completo e a tradución aos diferentes idiomas.
     Tamén podedes escoitar o poema musicado no reproductor na cima do blogue.



No hay comentarios:

Publicar un comentario