CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

20 dic 2016

NADAL LUMINOSO

Xa están aquí as vacacións.

As rúas e as casas énchense de cor e luces. E o cole, porque non?

Pois grazas a vós, este ano si. Mirade que bonitiño quedou a árbore do cole. E que precioso debuxo e fantástico acróstico eleximos para desexarvos bo Nadal a tod@s.








26 sept 2016

CHISPÍN´S RETURNS

OLA CARACOLA! CARACOLAS E CARAMUXOS COLLIMOS COLITAS EU NA PRAIA. MENUDO VERÁN QUE PASAMOS SOL, AREA E AUGA. AUGA, SOL E AREA. AREA, AUGA E SOL. TANTO SOL TANTO SOL, QUE TIVEN UNHA ALUSSINASSIÓN. POR QUE NON TRABALLAMOS OS INVENTOS?

1 jun 2016

EXPOSICIÓN FINAL

O Equipo de Biblioteca felicita a todos os participantes na exposición final do proxecto de este ano. Esperemos que as actividades practicas de cada curso gusten os cativos.

8 may 2016

XII XORNADAS INTERCULTURAIS

 O Concello de Cangas, propón todolos anos actividades intercultuarais, moitas delas se celebrarán na nosa biblioteca, participando así na vida cotiá do centro.Ente elas a participación de Anxo Moure na actividade: Contacontos con Mohamed, dirixido a nenas e nenos de 4º de primaria.