Trasniñ@s:
Aquí tendes os debuxos a gañadores do concurso de Samaín deste ano.
CHISPIN
BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
15 nov 2016
26 sept 2016
CHISPÍN´S RETURNS
OLA CARACOLA!
CARACOLAS E CARAMUXOS COLLIMOS COLITAS EU NA PRAIA.
MENUDO VERÁN QUE PASAMOS SOL, AREA E AUGA. AUGA, SOL E AREA. AREA, AUGA E SOL.
TANTO SOL TANTO SOL, QUE TIVEN UNHA ALUSSINASSIÓN.
POR QUE NON TRABALLAMOS OS INVENTOS?
1 jun 2016
EXPOSICIÓN FINAL
O Equipo de Biblioteca felicita a todos os participantes na exposición final do proxecto de este ano. Esperemos que as actividades practicas de cada curso gusten os cativos.
30 may 2016
VISITA DE MAR GUERRA
Recibimos de man dos nenos e nenas de 6º a escritora Mar Guerra.
Preme para saber mais no seu blogue http://nazaretciclo3.blogspot.com.es/2016/05/benvida-nazaret-mar-guerra.html
Preme para saber mais no seu blogue http://nazaretciclo3.blogspot.com.es/2016/05/benvida-nazaret-mar-guerra.html
8 may 2016
XII XORNADAS INTERCULTURAIS
O Concello de Cangas, propón todolos anos actividades intercultuarais, moitas delas se celebrarán na nosa biblioteca, participando así na vida cotiá do centro.Ente elas a participación de Anxo Moure na actividade: Contacontos con Mohamed, dirixido a nenas e nenos de 4º de primaria.
27 abr 2016
DÍA DO LIBRO "Acampada lectora"
O equipo de biblio, intentou como cada ano, sorprender os cativos e cativas lectores, montando un ambiente de natureza . Non lle faltaba detalle, as tendas de campaña, a fogueira onde se contan historias de medo, as estrelas brilando pola noite, e o canto do moucho e dos grilos. Nas mochilas e nas cestas de picnic moitos libros prestados polos alumnos e alumnas cunha temática común: Os Animais.
Pero tamén hai un ambiente de sobriedade, como non podia ser doutra forma, o ter o noso rincón de Cervantes, homenaxeando a súa obra Don Quixote. Varias versións desta obra, conseguidas en gran medida pola colaboración das familias.
En resume dous ambientes cun obxectivo común o vello e o novo, a cidade e o campo, non teñen que estar rifados no acto de ler. Eso sí tiverón que ser necesarias as linternas, no canto dos antigos fachos, non era posible tanto realismo, por razóns obvias.
22 abr 2016
CENTENARIO DE CERVANTES
"UN MESTRE É UN LIBRO QUE FALA, E UN LIBRO É UN MESTRE QUE, AÍNDA SILENCIOSO, COMUNICA O SEU PENSAMENTO" Miguel de Cervantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







