CHISPIN
BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
28 mar 2016
16 mar 2016
MULLERES DE RAZA
Hoxe google fai mención a primeira muller que detectou un cometa: Caroline Herschel.
Ben vale botar unha ollada a súa vida.
SEMANA DA PRENSA
Tedes prensa extranxeira para traballar nas vosas clases e tamèn podedes ler o periódico dixital feito polas rapazas e rapaces do terceiro ciclo. Xa van polo número 4.
https://www.dropbox.com/s/24vv9u3qxmjf3w3/Nazaret_express_4_3_2_1.pdf?dl=0
https://www.dropbox.com/s/24vv9u3qxmjf3w3/Nazaret_express_4_3_2_1.pdf?dl=0
14 mar 2016
ADIVIÑAS QUEN É?
Este trimestre o Equipo da Biblioteca inauguramos un pequeno xogo, no que teredes que adiviñar quen é ou que cousa é.
É un paxaro? É un avión? É...
Sorte trasniños!!!!!
10 mar 2016
8 DE MARZO
Gracias a todos os cursos que colaborastes na celebración deste día tan importante. Eu como ratiña estou moi contenta co resultado, aprendín moito destas mulleres que se superaron nun mundo feito para homes.
7 mar 2016
"Ru" o trasno montañeiro.
Esta semana todos levamos un susto o ver pendurado no columpio de Chispin un pequeno boneco cun cacho de papel debaixo do brazo. Resultou que non era un cacho de papel senón unha carta , tan pequeniña que garbancito ainda que quixera tampouco a vería.
Polo que lemos, eso si cunha lupa, ese boneco non é tal, é un trasno montañeiro que recorreu durante meses as terras para traer unha carta de Chispin.
Eu agora ando máis tranquila o saber por onde anda ese trampañón. Agardo que a súa avoa se poña ben.
Ahh! peroainda non listes a carta?, logo non vos conto nada. Agur.

x
1 mar 2016
CARLOTA
Pois se queres divertirte, deixa de ser princesa.
Podes ser calquera cousa que te apeteza,
@s trasniñ@s de Infantil ainda que non o pareza...
fixeron varias mostras para a vosa realeza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)