BLOGUE DA BIBLIOTECA DO COLEXIO NAZARET DE CANGAS - PONTEVEDRA
CHISPIN
BENVIDOS!!!
Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...
O 25 deste mes tivo lugar o obradoiro levado a cabo polo profe Marcos. Neste obradoiro explicáronse as regras desde xogo creado por un programador informàtico no 2011 chamado JonhYianni . Os participantes tamén fixeron as súas propias pezas e tiveron a oportunidade de xogar unha partida.
Aqui podedes ver como se xoga.
Ainda que Marcos o explicou moi ben neste Obradoiro.
Dende a Biblioteca queremos celebrar o centenario da morte de Shakespeare, intentando que a xente se anime a levar libros en inglés para casa. Foi dramaturgo, escritor e para algúns un home adiantado no tempo, por exemplo na obra " El libro de Sir Tomàs Moro " xa aboga polos refuxiados.
A nosa Colitas, deixou a un lado a tristeza pola falta de Chispin e disfrutou do entroido coma unha máis no hombro da profe Mª Luz, ataviada para tal ocasión.
Todos os trasniños e trasniñas foron disfrazados de bichiños ou de persoas dedicadas á investigación deses bichiños. Preme o enlace e disfruta da bichería.