CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

16 feb 2015

POR FIN CELEBRO O ENTROIDO

Ola nenos e nenas , quero agradecer os trasnos e trasniñas de 5º, porque mo pasei moi ben o dia do entroido.
Qué disfraces, que guapos estabamos todos os do cole.




13 feb 2015

FELIZ SAN VALENTIN TRASNIÑOS E TRANIÑAS.

     Grazas  trasniños e traniñas pola vosa colaboración . Encantarónme as cartas e postais do amor e mesmo con algunha, colitas e mais eu, nos emocionamos moito e botamos algunha que outra bágoa.
     Graciñas a Laura, Gael e Adrián que me escribirón tres cartas só para min, están na porta da árbore para compartilas con todos mentres ando de viaxe polo colexio.
Un bico de amor e amistade.



9 feb 2015

Certame de Cartas de amor .







     A biblio está a organizar un Certame  de poesías, tarxetas, ou cartas relacionadas co amor, amistade, cariño... 
       Entregaranse nunha caixa en forma de corazón que estará na porta  da Biblio ata o xoves dia 12. Pode entregarse en calquera material e en calquera idioma.
        Esta semana nos recreos do martes e xoves, poñerase na videoteca curtametraxes sobre o amor.
Animádevos a participar.

 

8 feb 2015

AUSTRALIAN ANIMALS

Oceanía, é un continente que parece tan pequeno e cantos animais ten, graciñas as mestras de quinto e a mestra de inglés por todo o que me ensinarón sobre o continente. Para min e para Colitas é o lugar ideal para pasar unha tempada de descanso, pero non no verán que vai moita calor por ali.


6 feb 2015

OBRADOIRO SOBRE EXIPTO, ATOPANDO PISTAS.

      O derradeiro xoves de cada mes, o meus amigos e amigas do equipo da biblioteca, prepararán obradoiros con diferentes contidos e temáticas.
      O primeiro obradoiro  foi  unha búsqueda de pistas, por equipos, para saber máis dunha civilización moi antiga.Os participantes tiñan que responder preguntas, utilizando os medios que tiña a biblioteca.  A experiencia foi un éxito , participarón sete equipos de catro membros.
       O equipo gañador foi o amarelo composto por: Sofia, Paula, Carmen e Inés .
       Enoraboa!!!!





     

30 ene 2015

DÍA DA PAZ


Ola trasniños e trasniñas, este ano no Día da Paz, Malala foi a protagonista, é unha estudante, activista e bloguera pakistaní.
Na biblioteca podedes ler varios libros que falan dela.
Gañadora do Premio Nobel da Paz en 2014, defendeu o dereito a educación das mulleres e por iso foi tiroteada por un grupo terrorista.
 Os nenos e nenas de 4º prepararón información sobre outros personaxes dedicados a defensa da Paz e da non violencia. Logo entre todolos cursos formouse a paloma da Paz, que vos quedou preciosa,






25 ene 2015

BRAVISSIMO

Como cociñaron estes trasniños as suas pizzas italianas, teñen unha pinta estupenda, Colitas comeu sen parar, polo queixo claro.