CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

6 feb 2015

OBRADOIRO SOBRE EXIPTO, ATOPANDO PISTAS.

      O derradeiro xoves de cada mes, o meus amigos e amigas do equipo da biblioteca, prepararán obradoiros con diferentes contidos e temáticas.
      O primeiro obradoiro  foi  unha búsqueda de pistas, por equipos, para saber máis dunha civilización moi antiga.Os participantes tiñan que responder preguntas, utilizando os medios que tiña a biblioteca.  A experiencia foi un éxito , participarón sete equipos de catro membros.
       O equipo gañador foi o amarelo composto por: Sofia, Paula, Carmen e Inés .
       Enoraboa!!!!





     

30 ene 2015

DÍA DA PAZ


Ola trasniños e trasniñas, este ano no Día da Paz, Malala foi a protagonista, é unha estudante, activista e bloguera pakistaní.
Na biblioteca podedes ler varios libros que falan dela.
Gañadora do Premio Nobel da Paz en 2014, defendeu o dereito a educación das mulleres e por iso foi tiroteada por un grupo terrorista.
 Os nenos e nenas de 4º prepararón información sobre outros personaxes dedicados a defensa da Paz e da non violencia. Logo entre todolos cursos formouse a paloma da Paz, que vos quedou preciosa,






25 ene 2015

BRAVISSIMO

Como cociñaron estes trasniños as suas pizzas italianas, teñen unha pinta estupenda, Colitas comeu sen parar, polo queixo claro.


25 dic 2014

TEATRO NO NADAL


Grazas os país e nais , deste grupo amateur de teatro pola súa versión da obra de Jordi Sierra "La biblioteca de los libros vacíos".Novela corta na que se mezcla fantasía e realismo.
Trata a problemática tan actual da incultura, o peligro a que nos esta levando o abandono da lectura como instrumento transmisor da cultura.Pero abre unha venta de esperanza, depositada na xente xoven e futuros escritores.




14 dic 2014

Postal de Nadal

Nestas datas tan entrañables, Colitas e eu queríamos desexarvos unhas boas festas e millores enchentas. Pero claro, o de sempre:
 Intencións... miles, habilidade co lápiz...cero patatero.
Por iso volvemos a pedir a axuda dos trasniños e trasniñas.
E menuda axuda! Tivemos tal nevarada de debuxos e poesías que tardei dous días en atopar a Colitas.
Outros dous días estivemos elexindo a poesía e o debuxo gañadores.




Noraboa a Eva de 4ºA  e Iria de 5ºA























Ao final así nos quedou a nosa postal. Preciosa, non si?