CHISPIN

CHISPIN

BENVIDOS!!!

Ola amigos e amigas!!!Benvidos ao blogue da nosa biblio!!!Aquí estamos dispostos a contarvos todo o que vai sucedendo na pequena cova do trasno. Esperamos que sexa do voso agrado e que participedes con todas as suxerencias que se vos ocorran...

28 oct 2014

LOGO CHEGA O SAMAIN!!!

 O equipo da biblioteca xa está coas mans na masa para decorar a nosa biblioteca para un día cheo de terror.
A estantería chea de libros coas historias mais horrorosas que poderedes escoitar na "hora de ler" e se vos gusta algún, tranquilos podedes levalos a casa emprestados.
E todo preparado para escoitar os gañadores/oras do concurso de relatos, eso si que da medo...


22 sept 2014

"LENDO POLO MUNDO"

Trasniños e trasniñas, poñemos a andar un novo proxecto dende a biblioteca. Vou viaxar polas clases para poder ver aos cativos deste colexio e que me conten cousas do mundo no que vivimos. Titoras e titores, no carriño podedes atopar cousas moi interesantes. Levadeas para a clase e xa me contaredes.Aparecerán mais fondos o longo do mes.

21 sept 2014

De novo estou de volta... despois de longa ausencia...




Ola trasniños e trasniñas!!!


Tardamos pero xa estamos eiquí!!!

Preguntareivos por que tardamos tanto en escribirvos polo blogue, pois a resposta é moi sinxela.
Cando Colitas e eu andavamos a viaxar polo mundo, eran os do equipo os que escribían por min. Pero dende que xa estou no cole dixeronme que nanai, que teño moito tempo libre, que eles andan a mil preparando concursos e obradoiros para vós, que non, que tiña que poñerme o día.

E para poñerme o día... tardei un ano. Pero xa está feito. Logo dunhas clases con Duarte, Colitas e eu xa sabemos como escribirvos, poñervos fotos, videos...

ASÍ QUE PREPARADEVOS!!!

ESTADE PENDENTES DE NÓS!!!


19 jun 2013

FELIZ ANIVERSARIO A TODOS!!!!!


50 ANOS - foto montaje
Este curso foi moi intenso polo aniversario do noso cole.Agora que vivo nesta biblioteca, xa formo parte desta gran familia, gracias a todolos trasniños e trasniñas por axudar a facer desde cole o meu lugar favorito para vivir. Xuntos viviremos moitas aventuras lectoras no proximo curso. Abur e felices vacacións, non olvidedes levar un libro nas vosas viaxes. 

9 may 2013

17 DE MAIO "DIA DAS LETRAS GALEGAS"

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."