O equipo de biblio, intentou como cada ano, sorprender os cativos e cativas lectores, montando un ambiente de natureza . Non lle faltaba detalle, as tendas de campaña, a fogueira onde se contan historias de medo, as estrelas brilando pola noite, e o canto do moucho e dos grilos. Nas mochilas e nas cestas de picnic moitos libros prestados polos alumnos e alumnas cunha temática común: Os Animais.
Pero tamén hai un ambiente de sobriedade, como non podia ser doutra forma, o ter o noso rincón de Cervantes, homenaxeando a súa obra Don Quixote. Varias versións desta obra, conseguidas en gran medida pola colaboración das familias.
En resume dous ambientes cun obxectivo común o vello e o novo, a cidade e o campo, non teñen que estar rifados no acto de ler. Eso sí tiverón que ser necesarias as linternas, no canto dos antigos fachos, non era posible tanto realismo, por razóns obvias.